Obradoiro de alimentación saudable

 Bos días!

Gústanos moito anunciarvos o próximo obradoiro que imos realizar. Trátase dun taller sobre alimentación saudable, impartido pola nutricionista Mireya Castiñeiras, que nos axudará a elaborar menús para os nosos fillos dunha maneira axeitada a sua etapa de crecemento, acompañado de datos interesantes e erradicación de mitos que moitas veces temos asumidos como certos.

Está orientado ás familias e podedes vir cos vosos peques tamén, pois será impartido dunha forma amena e divertida.

Vémonos, un saúdo!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Blog da ANPA Menéndez Pelayo de Lugo

Recollida de xoguetes

Taller de diversidad afectivo-sexual y expresión de género