Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Obradoiro de alimentación saudable

Imagen
 Bos días! Gústanos moito anunciarvos o próximo obradoiro que imos realizar. Trátase dun taller sobre alimentación saudable, impartido pola nutricionista Mireya Castiñeiras, que nos axudará a elaborar menús para os nosos fillos dunha maneira axeitada a sua etapa de crecemento, acompañado de datos interesantes e erradicación de mitos que moitas veces temos asumidos como certos. Está orientado ás familias e podedes vir cos vosos peques tamén, pois será impartido dunha forma amena e divertida. Vémonos, un saúdo!

Recollida de xoguetes

Imagen
 Bos días! Queremos anunciarvos esta proposta de mercadillo colaborativo , xa que se aproximan as compras navideñas. 🎄 As familias poderán donar ao anpa aqueles xoguetes ou libros que xa non utili cen, con fin de intercambialos a prezos asequibles para todas, no mercadillo que celebraremos o 1 de decembro no pabellón do cole. O recaudado servirá para financiar as actividades da anpa, e os xoguetes que non sexan adquiridos serán doados á sección infantil do Hospital Lucus Augusti .  Podedes traer libros e xoguetes ao local da anpa ata o 30 de novembro, tanto á entrada dos peques as 09:00 coma á recollida do comedor as 15:45 .  (Se tedes outra dispoñibilidade contactade con nós e planificamos a recollida). Por certo , se tedes xoguetes que non funcionen traédelos tamén, podémolos reparar ! Grazas por participar neste evento onde favoreceremos a colaboración social, a reutilización e a reciclaxe!💖

Blog da ANPA Menéndez Pelayo de Lugo

Imagen
 Bos días! Queremos presentarvos o novo blog da Anpa, onde publicaremos as novas sobre eventos, talleres e festas e a información relacionada co noso cole. Gustaríamos que fose un entrono colaborativo, onde todos e todas podamos expresar as nosas dúbidas, desexos e propostas co fin de crear un entorno educativo inclusivo e cheo de experiencias positivas para nós e para os nenos e nenas do cole. Asimesmo, reclamamos a importancia da colaboración e do traballo en equipo, polo que pedimos a todas aquelas persoas que desexen participar na organización das actividades e no desenvolvemento das mesmas, que se poñan en contacto con nós. Toda axuda é importante! Moitas grazas por ser parte do ANPA!