Recollida de xoguetes

 Bos días!

Queremos anunciarvos esta proposta de mercadillo colaborativo, xa que se aproximan as compras navideñas. 🎄

As familias poderán donar ao anpa aqueles xoguetes ou libros que xa non utilicen, con fin de intercambialos a prezos asequibles para todas, no mercadillo que celebraremos o 1 de decembro no pabellón do cole.

O recaudado servirá para financiar as actividades da anpa, e os xoguetes que non sexan adquiridos serán doados á sección infantil do Hospital Lucus Augusti

Podedes traer libros e xoguetes ao local da anpa ata o 30 de novembro, tanto á entrada dos peques as 09:00 coma á recollida do comedor as 15:45

(Se tedes outra dispoñibilidade contactade con nós e planificamos a recollida).

Por certo, se tedes xoguetes que non funcionen traédelos tamén, podémolos reparar!

Grazas por participar neste evento onde favoreceremos a colaboración social, a reutilización e a reciclaxe!💖



Comentarios

Entradas populares de este blog

Blog da ANPA Menéndez Pelayo de Lugo

Taller de diversidad afectivo-sexual y expresión de género