O Nadal é un tempo para compartir, para estar xuntos e, sobre todo, para agradecer. Por iso, desde a ANPA queremos aproveitar estas datas tan especiais para dar as grazas a todas as persoas que fan posible o noso día a día.

En primeiro lugar, a todas as familias socias, por confiar en nós e permitirnos gozar de formar parte da ANPA e traballar polo ben común d@s nos@s peques.

Queremos tamén agradecer ás profesoras de zumba, ximnasia rítmica e baile moderno pola súa ilusión, pola animación e por todo o que lles ensinan aos pequenos e pequenas nas actividades extraescolares.

Un agradecemento moi especial a aquelas familias que colaboran e nos axudan de maneira desinteresada sempre que o precisamos.

Por suposto, grazas á profe Alba por facer desfrutar tanto aos peques cos seus contos e a súa maxia.

E non podemos esquecer a Papá Noel, por facer un oco na súa axenda para vir visitarnos e compartir un momento tan especial con nós.

Por último, grazas de corazón a todas as compañeiras que forman parte desta directiva, polo apoio incondicional, pola compañía, polos bos momentos compartidos e por toda a dedicación e esforzo.

Desexámosvos a todas e todos unhas moi boas festas. Que as desfrutedes moito en familia, e vémonos o vindeiro ano, ¡máis e mellor!

Bo Nadal e feliz Ano Novo 🎄✨

Comentarios

Entradas populares de este blog

Anpa 2025-26

Carreira solidaria

Extraescolares