Unha visita moi especial
Hoxe o noso cole encheuse de ilusión coa visita de Papá Noel e do Apalpador 🎁🌰. Acompañados polas elfas da ANPA, percorreron o centro compartindo sorrisos, emocións e moita maxia do Nadal cos nenos e nenas.
Durante a visita achegáronse tamén á lareira do cole e quedaron abraiados coa fermosisima decoración.
Houbo agasallos, risas, bos desexos e algún que outro segredo ao oído…
Un encontro moi especial no que tradición e fantasía camiñaron da man, lembrándonos a importancia de compartir, soñar e manter vivas as nosas tradicións.
Grazas ao cole por permitirnos colaborar para facer posible unha xornada tan especial para toda a comunidade educativa. ❤️🎄

Comentarios
Publicar un comentario