Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2025
Imagen
 O Nadal é un tempo para compartir, para estar xuntos e, sobre todo, para agradecer. Por iso, desde a ANPA queremos aproveitar estas datas tan especiais para dar as grazas a todas as persoas que fan posible o noso día a día. En primeiro lugar, a todas as familias socias, por confiar en nós e permitirnos gozar de formar parte da ANPA e traballar polo ben común d@s nos@s peques. Queremos tamén agradecer ás profesoras de zumba, ximnasia rítmica e baile moderno pola súa ilusión, pola animación e por todo o que lles ensinan aos pequenos e pequenas nas actividades extraescolares. Un agradecemento moi especial a aquelas familias que colaboran e nos axudan de maneira desinteresada sempre que o precisamos. Por suposto, grazas á profe Alba por facer desfrutar tanto aos peques cos seus contos e a súa maxia. E non podemos esquecer a Papá Noel, por facer un oco na súa axenda para vir visitarnos e compartir un momento tan especial con nós. Por último, grazas de corazón a todas as compañeiras que...

Unha visita moi especial

Imagen
  Hoxe o noso cole encheuse de ilusión coa visita de Papá Noel e do Apalpador 🎁🌰. Acompañados polas elfas da ANPA , percorreron o centro compartindo sorrisos, emocións e moita maxia do Nadal cos nenos e nenas. Durante a visita achegáronse tamén á lareira do cole e quedaron abraiados coa fermosisima decoración. Houbo agasallos, risas,  bos desexos e algún que outro segredo ao oído… Un encontro moi especial no que tradición e fantasía camiñaron da man, lembrándonos a importancia de compartir, soñar e manter vivas as nosas tradicións. Grazas ao cole por permitirnos colaborar para facer posible unha xornada tan especial para toda a comunidade educativa. ❤️🎄